MOCHÓN MORCILLO, FRANCISCO
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Economía ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Nos medios de comunicación escóitanse habitualmente termos tales como: macroeconomía, PIB, oferta, demanda, etc., cun significado que, en xeral, é descoñecido. Por este motivo, este texto pretende axudarlle ao alumno, en primeiro lugar, a coñecer e a dominar estes conceptos e a familiarizarse con eles, e en segundo lugar, a ser capaces de elaborar xuízos críticos sobre os temas actuais. Sen embargo, coñecer o significado destes termos non serviría para nada sen a análise crítica dos problemas económicos do noso contorno máis próximo e da sociedade en que vivimos. se non se identificaran os valores propios da economía de mercado e se comparasen con outros sistemas económicos, para o que se ofrece unha explicación clara, precisa e suficiente do funcionamento dunha economía. Para a explicación dos conceptos e das teorías recorreuse a unha presentación intuitiva, apoiada en representacións gráficas e en esquemas. por outra banda, na aplicación das formas e das técnicas matemáticas preséntase o esencial e imprescindible. Para facilitar a aprendizaxe de todos os conceptos económicos que poidan resultar novidosos ofrécense actividades ao longo de toda a unidade e ao final dela unha relación de conceptos básicos e un resumo de todo o estudado, así como unha serie de exercicios e cuestións de autoavaliación para comprobar se se asimilaron os diversos conceptos. Finalmente, pódese seguir a evolución do pensamento económico através da historia lendo a páxina final de cada tema. Tabla de Contenidos 1. A economía: a necesidade de elixir. 2 Factores productivos e axentes económicos. 3 Os sistemas económicos. 4 A producción e a empresa. 5. Os sectores productivos. 6. O mercado. 7. Modelos de mercado. 8. A retribución dos factores: mercado de traballo. 9. Os fallos de mercado. 10. A macroeconomía: as macromagnitudes. 11. A demanda e a oferta agregadas: os ciclos e o desemprego. 12. A intervención do Estado e a política fiscal. 13. O presuposto do sector público español e a política presupostaria. 14. O financiamento da economía: o diñeiro e os bancos. 15. O Banco Central, a política monetaria e a inflación.16. A economía internacional e a balanza de pagos. 17. O mercado de divisas e a Unión Monetaria Europea. 18. O crecemento económico. 19. Desenvolvemento, pobreza e o estado de benestar. 20. A economía galega e o seu marco de referencia.