Trátase dunha poética que, por ausentarse totalmente dos obxectos, da expresión e da significación, intenta dar conta dos corpos, do mundo, dun eu e do seu pensamento. Así e todo, a identidade esfarélase fronte á idea enorme do tempo: algo lingüístico que quita o alento... Pois o significado en ningún idioma, podería dicir a conmoción do corpo. Só a estrañeza articula a fala na que se di o límite.
Chus Pato, (Ourense, 1955). Publicou Urania (editorial Calpurnia,1991), Heloísa (Espiral Maior,1994), obra traducida ao castelán por edicións \"La Palma\", Fascinio (Toxosoutos,1995), Nínive (Xerais,1996), pola cal foi galardonada co premio Losada Diéguez, A ponte das poldras (Noitarenga,1996) e reeditada no 2006 por Editorial Galaxia, m-Talá (Xerais, 2000) e Un Ganges de palabras .
Saber máis »