LIENAS, GEMMA
Eva vive entre unos espejos que la martirizan. Espejos que le devuelven una imagen engañosa y desvirtuada, que no le permiten verse con todas sus capacidades. De la mano de una buena amiga se dará cuenta de cuál es su mirada interior, la mirada correcta, y dará comienzo a una cadena de consejos para ayudar a muchas otras mujeres a verse con todo su potencial.
Naceu en Barcelona en 1951. Logo de pasar cinco anos vivindo en Estrasburgo, regresou á súa cidade natal onde se mergullou de cheo na vida de distintos grupos e entidades, moi especialmente os que traballan a prol da igualdade das mulleres.
Profesora da Universidade de Barcelona e docente na Casa Elizalde, é tamén colaboradora asidua da radio e da prensa escrita. Da súa dedicación á literatura xurdiron interesantes achegas, entre as que destaca a serie de novelas protagonizadas por Carlota, unha adolescente espelida e interesante que se dedica a indagar naqueles ámbitos da vida que máis lle poden intrigar a unha persoa que comeza a súa andaina pola idade adulta. O diario vermello de Carlota ten como obxectivo falar da sexualidade sen medias verdades, conseguir conectar a dous heroes da literatura xuvenil: Carlota e o gran detective Flanagan.
Entre outros premios Gemma ten a Mención de Honra da UNESCO polo seu traballo literario en prol da igualdade.