CANO, M.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Música ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción O Proxecto McGrawHill de Música para 3.º ESO está concibido para consolidar as aprendizaxes adquiridas nos dous primeiros anos da ESO. A aprendizaxe da linguaxe e dos vehículos da expresión musical cédelle agora o paso a unha análise profunda e reflexiva da importancia do fenómeno musical como manifestación artística e cultural ao longo da Historia. Para lograr estes obxectivos, o libro non está estruturado como unha sinxela ferramenta de consulta, senón que proporciona os recursos necesarios para poder identificar unha obra musical e descubrir como e por que se fixo. Os contidos que informan o libro, xunto cos outros complementos educativos que acompañan á Guía didáctica (CD de recursos e CD de audio para realizar audicións na clase relacionadas cos contidos e as actividades de cada unidade) constitúen un extraordinario e exhaustivo material para que o alumnado poida: Entender a música como un fenómeno cultural e artístico profundamente interrelacionado cun determinado momento histórico da sociedade, e afondar nos fitos da expresión musical. Valorar as distintas manifestacións musicais da sociedade ao longo da Historia e na actualidade e coñecer diferentes realidades musicais tanto do seu contorno social como doutros contornos e culturas, apreciando e respectando as diferenzas culturais. Desenvolver as súas capacidades de percepción e a súa sensibilidade artística, ademais de enriquecer a súa capacidade de expresión através da expresión instrumental, vocal e corporal. Adquirir un vocabulario que lle permitirá non soamente describir os fenómenos musicais senón, ao mesmo tempo, expresarse mellor e con máis exactitude nos diferentes ámbitos da vida cotiá. Tabla de Contenidos 1. A música ó longo da historia. 2. Da monodia á polifonía. A Idade Media. 3. O esplendor da polifonía. O Renacemento. 4. A era do baixo continuo. O Barroco. 5. O trunfo do equilibrio. O Clasicismo. 6. O poder da expresión. O Romanticismo. 7. O cambio de século. 8. Novas tendencias compositivas do século xx. 9. O jazz. 10. A música rock e outras tendencias. 11. A música no teatro e no cine. Música e medios de comunicación. 12. Gravación e tratamento do son.