VEJO, P.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Tecnoloxía ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Ofrecémoslle esta obra dividida por trimestres co contido para tratar en cada un deles. Segue a orde establecida no currículo, admitindo todo tipo de reorganización dependendo dos gustos, recursos e necesidades. Establecéronse dous tipos de unidades diferenciadas: As Unidades propiamente ditas, nas que se abordan todos os contidos mínimos establecidos nos Reais Decretos. As Unidades do bloque de Os meus proxectos, unha por cada trimestre, reforzan os contidos transversais, servindo de síntese e como núcleo de cohesión das unidades que foron desenvolvidas anteriormente (contidos mínimos). Consta de varios apartados, desde o bloque de análise de materiais (momento que sirve de pretexto para analizar as normas de seguridade no uso de ferramentas e materiais), até o bloque de ideas e detalles para construír o apartado de Proxectos desenvolvidos. As unidades formúlanse através dunha metodoloxía activa e de tal forma que o profesorado non se vexa condicionado pola disposición ou non de equipos demasiado sofisticados. A estrutura do libro é a seguinte: Sitúase ao alumno nos contidos do tema mediante unha breve introdución. Nas unidades que requiren un desenvolvemento de contidos nos que se fai necesaria a utilización dalgún programa informático, estes trátanse através de exercicios que se van resolvendo simultaneamente ao desenvolvemento dos contidos da unidade. (Procesador de textos, bases de datos, follas de cálculo, etcétera). O simple desenvolvemento ou reprodución dos exercicios formulados garante o cumprimento dos contidos mínimos establecidos nos Reais Decretos, se ben, nalgúns casos formúlanse exercicios con graos de diferente dificultade para que, no seu caso, o profesorado poida atender adecuadamente os distintos ritmos de aprendizaxe. Tabla de Contenidos 1. Normalización nas representacións gráficas. 2. Sistemas de representación. 3. Periféricos e deseño asistido por ordenador. 4. Instrumentos de medida lineal de precisión. I. Máquinas de efectos encadeados. Os meus proxectos. 5. Materiais de uso técnico. 6. Técnicas básicas e industriais para o traballo con metais. 7. Máquinas simples. 8. Mecanismos de transmisión e transformación do movemento. 9. Transmisión do movemento circular. Relacións de transmisión.II. Máquinas e mecanismos. Os meus proxectos. 10. Enerxía e a súa transformación. 11. A corrente eléctrica. Efectos e máquinas básicas. 12. Os circuítos eléctricos. 13. Folla de cálculo. 14. Internet e comunidades virtuais. III. Máquinas e mecanismos automáticos. Os meus proxectos.