CANO NOGUÉ, MERCEDES
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Música ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción O Proxecto McGrawHill de Música para 4.º ESO corresponde ao último curso da área de Música da ESO. Neste curso non soamente se repasan e consolidan os coñecementos adquiridos até agora, senón que se analizan os elementos físicos e tecnolóxicos da música e a utilización dos ordenadores e das novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito musical. Tamén se fixará a atención sobre a faceta do músico como profesional. O libro, ademais, revolve con máis detemento o século XX, facendo particular fincapé en España. Ao mesmo tempo, nun momento en que os diferentes continentes e culturas se relacionan cada vez máis intensamente, non pode faltar unha inmersión no ámbito das músicas do mundo. Para lograr estes obxectivos, o libro non está estruturado como unha sinxela ferramenta de consulta, senón que proporciona os recursos necesarios para poder identificar unha obra musical e descubrir como e por que se fixo. Os contidos que informan o libro, xunto cos outros complementos educativos que acompañan á Guía didáctica (CD de recursos e CD de audio para realizar audicións na clase relacionadas cos contidos e as actividades de cada unidade) constitúen un extraordinario e exhaustivo material para que o alumnado poida: Entender a música como un fenómeno cultural e artístico profundamente interrelacionado cun determinado momento histórico da sociedade, e afondar nos fitos da expresión musical. Valorar as distintas manifestacións musicais da sociedade ao longo da Historia e na actualidade e coñecer diferentes realidades musicais tanto do seu contorno social como de outros contornos e culturas, apreciando e respectando as diferenzas culturais. Desenvolver as súas capacidades de percepción e a súa sensibilidade artística, ademais de enriquecer a súa capacidade de expresión através da expresión instrumental, vocal e corporal. Adquirir un vocabulario que lle permitirá non soamente describir os fenómenos musicais senón, ao mesmo tempo, expresarse mellor e con máis exactitude nos diferentes ámbitos da vida cotiá. Tabla de Contenidos 1. A representación gráfica da música. 2. Acústica e tecnoloxía musical. 3. Jazz, gospel, soul e funk. 4. A música popular urbana. 5. A música culta en España. 6. Músicas do mundo. 7. Os instrumentos musicais no mundo. 8. A música popular tradicional en España. 9. O oficio de músico.