Búsqueda de Editorial : EDICIÓNS XERAIS

536 resultados

  • DERRADEIRA ESCOLMA FERIDA
    LUEIRO REY, MANUEL
    Derradeira escolma ferida (de onte, de hoxe, de mañán) supón a derradeira achega poética do prolífico e comprometido narrador e xornalista Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916 - 0 Grove, 1990). Con ela péchase o ciclo, que comezara coa Escolma ferida (1977) e que continuou, ademais doutros libros poéticos, con Nova escolma ferida (1988). Este poemario inédito e póstumo, ...
    Available

    21,95 €

  • NON TEMERÁS OS COCHES AMARELOS
    VILLAR, MARTA
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,50 €

  • CÓMIC E LITERATURA
    RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN "LIJMI"
    A considerada «novena arte» é o centro de interese de «Cómic e Literatura», o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Litetaruras Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación co propósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de mediación entre o libro e a lectura. Aquelas persoas interesadas neste pr...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    30,50 €

  • PLUS ULTRA.TRANSICIÓN AO FUTURO
    VARELA FERREIRO, ALBERTO
    Alberto Varela volve á banda deseñada de carácter histórico cunha obra ambientada na época da Transición. Pepe Pardiñas é un emigrante galego retornado de Suíza con coñecementos do mundo da ufoloxía e do paranormal. En pleno debate político entre reforma e ruptura, Pardiñas será quen de albiscar como pode ser o futuro de Galicia e da humanidade. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,95 €

  • PECADOS VENIAIS
    LÓPEZ, NAZARET
    Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxi...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    18,95 €

  • XOANIÑA DE DEUS
    GUZMÁN FALCÓN, ALBA
    Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade. Unhas desconcertantes tatuaxes gravadas na pel e un vello diario con tapas de coiro negro son o facho que alumea os seus pasos, as pegadas que lle permiten regresar ao pasado par...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,50 €

  • ASTÉRIX LEXIONARIO
    GOSCINNY, RENÉ / UDERZO, ALBERT (Ilustración)
    Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos. Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Nesta ocasión, Astérix e Obélix alístanse na lexión para buscar o mozo de Falbalá...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • A LEBRE MECÁNICA
    COSTAS, LEDICIA
    As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empez...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,95 €

  • DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA
    DAVILA, BERTA / TEIMOY, XIANA (Ilustración)
    Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun lib...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    12,50 €

  • (NON) A TODAS AS NENAS LLES GUSTA O ROSA
    PINTOR, DAVID
    A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor. ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • VISIÓNS DE DARWIN
    SOUTULLO, DANIEL
    Charles Darwin é, por dereito propio, unha das grandes figuras da historia da ciencia. A súa teoría da evolución por selección natural significou un cambio fundamental no mundo da bioloxía e noutros campos das ciencias sociais. Coñecemos moi ben a vida e obra de Darwin grazas aos seus libros e á súa correspondencia. Con todo, fóra do mundo da bioloxía, a súa obra non é tan ben ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    16,50 €

  • ROSALÍA FEMINISTA
    CASTRO, ROSALÍA DE / GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, HELENA / DE CASTRO, ROSALIA
    A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • TRANSMATRIA
    ASOREY, DANIEL
    Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída e ba...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • TIERRA
    MARIÑO, XURXO
    Este es un libro de viajes convertido en una aventura de divulgación científica, el relato de un periplo de once meses alrededor del planeta Tierra en el que se mezclan las anécdotas que van surgiendo a lo largo de las distintas etapas con las descripciones de la ciencia que hay detrás de los espectáculos que la naturaleza les va mostrando a los viajeros: islas volcánicas en pl...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    22,50 €

  • FORMIG4S. MISIÓN PARÍS
    TOBARUELA, PERE / MEIXIDE, ANDRÉS (Ilustración)
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. "Misión París", leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise. Alí hai unha escena do crime sen cadáver. A vixilante do enorme e labiríntico cemiterio par...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • MASCULINO SINGULAR
    NEGRO ROMERO, CARLOS
    Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos. Masculino singular é un código aberto aínd...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO .GAL
    QUEIXAS ZAS, MERCEDES
    Un poema é un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén ser un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    11,95 €

  • OS FILLOS DA FAME
    RAMOS CASTELO, ISMAEL
    Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea ter...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA / RIVAS, VÍCTOR (Ilustración)
    O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    13,50 €

  • LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTES
    REIMÓNDEZ MEILÁN, MARÍA / SENDE, IVAN (Ilustración)
    As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis. Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa resp...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    11,95 €

  • A MORTE DE VALLE-INCLÁN
    REIGOSA, CARLOS G. / VALLE-INCLÁN ALSINA, JAVIER / MONLEÓN BENNÁCER, JOSÉ
    Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Com...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,95 €

  • SECRETOS DE UNA BRUJA CELTA
    ALONSO FERRAGUD, ROSA MARÍA / ROMERO TOLEDO, CLAUDIO ANDRÉS (Ilustración)
    Esta es una parte esencial de mi herencia. La que he recibido y la que siento que debo dejar a quien quiera seguir las enseñanzas de la Vieja Religión.Algún día, alguien entrará en el desván que ha sido mi mundo durante muchos años y hará suyo ese lugar.Encenderá las velas. Recuperará, de los rincones donde yo los haya dejado, mis instrumentos de trabajo, mi caldero, mi espada,...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • CALENDARIO 2016. A CORUÑA ANÓNIMA
    EQUIPO XERAIS
    Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) que inclúe festivos e fases da lúa e doce fotografías anónimas da cidade da Coruña que constitúen un auténtico tesouro que reflicte a vida, a paisaxe e as xentes da cidade no século XIX. O fotógrafo José Caruncho tratou as imaxes con esmero e Antonio López Mariño explica cada unha coa paixón e cariño que merece...
    Unavailable

    12,95 €

  • A GALICIA URBANA
    LOIS GONZÁLEZ, RUBÉN CAMILO / PINO VICENTE, DANIEL
    O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentración do efectivo humano, da actividade económica e da artificialización do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana. Un proceso de urbani...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    43,95 €

  • TEORÍA DO RISO
    PATIÑO, ANTÓN
    É posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? Esa é a pregunta invisible que percorre este libro. O entroido da revolta daquela toma corpo. Un océano de risas contra a reixa de ferro. É posible acadar unha revolta de risos? Chegar ata o Gran Riso? Onde está o cronotopo da revolta? Instantes poéticos a escintilar, breves configuracións de palabras ingrávidas, secue...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    15,50 €

  • S/T
    PEDREIRA LOMBARDÍA, EMMA
    Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio. Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado título leva a d...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • MARY QUINTERO
    QUINTERO, MARY
    Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    33,50 €

  • RETORNO AOS CLÁSICOS
    RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN " LIJMI "
    Os membros da Red Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI), achegan un novo volume cargado de ensaios, destinados aos profesionais da mediación entre o libro e a lectura co fin de orientalos nas súas recomendacións lectoras cara á formación literaria. Retorno aos clásicos propón seleccións de obras así conside...
    Available in 1 week

    26,95 €

  • ONDE VIVEN AS FADAS?
    VALIOS I BUÑUEL, IGNASI
    Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos, coma os trasnos que viven no bosque, as sereas que habitan no mar, as pantasmas?, e descubriredes cal é o fogar das fadas. Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras. Se o poñedes aberto baixo un foco de luz e despois apagades, as páxinas iluminaranse dunha maneira miste...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,50 €

  • CALENDARIO 2016 EMIGRACIÓN
    EQUIPO XERAIS
    Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) con 13 fotografías da colección Emigración de Alberto Martí. Inclúe festivos e fases da lúa. Alberto Martí naceu na Coruña o 14 de marzo de 1922 e, aos seus 93 anos, aínda segue en activo ordenando e clasificando os miles de negativos do seu arquivo, que talvez cheguen a un millón. Entre os seus traballos desta...
    Unavailable

    12,95 €