GRAÑA, BERNARDINO / MERA HERBELLO, HÉITOR ED. LIT.
Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamental no conxunto das obras teatrais da época. Nela cómpre salientar dous elementos fundamentais: conforma, por unha banda, unha mostra do traballo artístico que se facía en plena ditadura franquista desde unha perspectiva rehabilitadora nun contexto ofegante para as nosas letras e, pola outra, sobrancéase a calidade inherente a da obra, que a converte nun texto de enorme interese.
Vinte mil pesos crime, a mellor obra dramática de Bernardino Graña, conxuga o reflexo dunha sociedade pechada cara ao exterior cunha cosmovisión raiana ao nihilismo, empregando técnicas homologables ao contexto teatral europeo da época. A presente edición, preparada por Heitor Mera, vai precedida dun amplo estudo biográfico sobre o autor e sobre o contexto do teatro galego da época.
(Cangas do Morrazo, 1932) traballou catedrático de lingua e literatura no ensino medio. Aos dezaoito anos xa formaba parte, a carón de Celso Emilio Ferreiro, do consello de redacción da revista de poesía Alba. Fo premiado varias veces nas xa míticas Festas Minervais de Compostea e, no ano 1958, participou en Madrid na fundación do Grupo Brais Pinto, co que publica Poema do home que quixo vivir, o seu primeiro libro.
Impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a súa obra abrangue diferentes xéneros: poesía, teatro, narrativa e literatura infantil. Entre os seus títulos máis destacados está o poemario Profecía do mar (1966), libro fundamental na poesía galega do século XX, Non vexo Vigo nin vexo Cangas (1975), Himno verde (1992) e Sen sombra e sen amor (2004). Recentemente obtivo o Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa pola súa primeira novela, Protoevanxeo do neto de Herodes.