VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS

VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-9782-131-5
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

12,75 €

En dólares:

$ 17,60
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

"Viaxe ao País dos Ananos" de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque que representaba para certo sector da emigración. Estes versos seguen hoxe plenamente vixentes pola súa denuncia da desigualdade social e o seu rexeitamento do racismo, amais de polas súas reveladoras reflexións de tipo existencial e a súa lírica de xorne evocador e intimista. A presente edición de Armando Requeixo, con prólogo de Xesús Alonso Montero, incorpora un capítulo biográfico que constitúe unha das máis amplas achegas publicadas ata o de agora neste eido. De por parte, analízanse tamén as complexas circunstancias epocais e literarias nas que a obra viu luz e as principais liñas que a caracterizan e fan dela un clásico moderno.

FERREIRO, CELSO EMILIO
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949 publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002)). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man de man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que redixiu "Viaxe ao País dos Ananos" (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en "Cantigas de escarnio e maldicir" (1968), no romance de cego "Paco Pixiñas" (1970), en "Os autentes" (1973) e mais en "Antipoemas" (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios "Cimenterio privado" (1973), "Onde o mundo se chama Celanova" (1975, Xerais 1991) e o "Libro dos homenaxes" (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: "A fronteira infinda" (1972, Xerais 1988) e "A taberna do galo" (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicadas os volumes "Obra narrativa" (Xerais 2003), edición de Mónica Góñiz, e "Poesía galega completa" (Xerais 2004), edición de Ramón Nicolás.