SONATA DE AMIGOS

SONATA DE AMIGOS

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Biografías
Materia BIC
Autobiografía: general
ISBN:
978-84-9782-944-1
Páginas:
184
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

17,00 €

En dólares:

$ 23,46
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

"Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas notas, subxectivas e apaixonadas até o tormento, das que o único responsable é quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente selectiva e neuroticamente teimuda". Son as palabras coas que Benedicto (García Villar), un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta Sonata de amigos. Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida, contribuír á mellora do presente.
Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor: dende a loita antifranquista ate a construción do sindicalismo democrático; dende a música entendida como instrumento de intervención social até o ensino como palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita até a reivindicación da amizade como elementos dun mundo máis humano. Por Sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o noso presente serían distintos.

GARCÍA VILLAR, BENEDICTO
Benedicto García Villar (Santiago de Compostela, 1947). Estudante antifranquista que coñeceu o 68 compostelán, fundador de Voces Ceibes, compañeiro de José Afonso, cantor con tres discos ás súas costas (Eu son a voz do pobo, Pola unión, O nome das cousas), militante comunista contra a ditadura, mestre vocacional, sindicalista, animador de mil causas, amigo dos seus amigos... Son aspectos moi variados dunha traxectoria vital que se pode resumir nun sinxelo título: cidadán por un mundo máis xusto. En 2008 publicou Sonata de amigos (Xerais), o seu libro de memorias