RACLETTE

RACLETTE

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
OBRAS DE TEATRO, TEXTOS TEATRALES
ISBN:
978-84-9914-872-4
Páginas:
104
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

13,00 €
Comprar

En dólares:

$ 17,94
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

Raclette, de Santiago Cortegoso, gañadora do XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo, abordando temas universais desde a perspectiva da sociedade actual. Cunha sólida reflexión arredor de temas como a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia, Raclette preséntanos cinco personaxe sentados nunha mesa que compoñen un complexo mosaico humano. A partir de aí, o autor constrúe un texto caracterizado por unha inquedante estrutura dramática, dentro da que a información chega ao lector-espectador dun xeito rigorosamente dosificado, nunha liña de acción que avanza con sutil equilibrio entre a ironía e o humor corrosivo, espindo as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.

CORTEGOSO CALVAR, SANTIAGO
Santiago Cortegoso é actor, director de escena e autor de textos teatrais. Coa súa compañía, Ibuprofeno Teatro, leva producido A filla de Woody Allen (finalista nos Premios Max 2011 a Mellor autor en galego), Pequenos Actos pseudorrevolucionarios (Premio María Casares 2013 a Mellor texto orixinal) e Fitness (espectáculo de rúa). Outros traballos como autor son: Smoke on the water (Premio MOME Varela Buxán 2013), El charco de Ulises (con bolsa en Iberescena 2010 e editado por Artezblai), 0'7% Molotov (premio Rafael Dieste 2009, publicado pola Deputación da Coruña, estreado por Teatro de Ningures, nominado a Mellor texto orixinal nos premios María Casares 2012 e finalista nos Premios Max 2012 a Mellor autor en galego), Homes... Mulleres: O Paraíso terreal (para Teatro de Ningures, 2010), Des-memoria-2 (para Disque Danza, 2009), Os Cómicos dell' auto (para Teatro de Ningures, nominado a Mellor texto orixinal nos premios María Casares 2009), Hámster (seleccionado en Magalia 2008, publicado no nº 60 da RGT e estreado na Sala Triángulo de Madrid) e Casa O'Rei. Traxicomedia gastronómica (2010).