POESÍA GALEGA COMPLETA E TEXTOS EN PROSA

POESÍA GALEGA COMPLETA E TEXTOS EN PROSA

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-9782-304-3
Páginas:
216
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

13,00 €

En dólares:

$ 17,94
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919-Vigo, 1988), quinto membro da familia Álvarez Blázquez é unha figura a reivindicar, tanto polos valores intrínsecos da súa obra poética e narrativa como polas dimensións que acadaron o seu fondo humanismo e as súas insubornables conviccións galeguistas.
Este libro reúne os seus poemarios coñecidos -Poemas de ti e de min (1949) e O tempo desancorado (Poemas para María Blázquez) (1988)- e tamén, por vez primeira, un abondoso conxunto de composicións dispersas e inéditas, xunto cunha escolma de prosas galegas da súa autoría (algunhas tan importantes como "Terra de matute ara Castelao"), rematando cun apéndice onde se reproducen diversos textos que contribúen a explicar os valores da súa creación literaria. A presente edición ábrese cun limiar de Xesús Alonso Montero, auténtico incitador deste volume, que ao tempo é un significativo estudo arredor da faceta humana e literaria de Emilio Álvarez Blázquez. Ademais, do rigorso estudo literario e mais da fixación dos textos responsabilizouse o poeta e ensaísta Miro Villar.

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, EMILIO
Naceu en Tui en 1919. Dende 1942 ata o seu falecemento en 1988 residiu en Vigo. Xunto aos seus irmáns Álvaro e Xosé María fundou Edicións Castrelos, unha das iniciativas máis importantes da edición en galego no franquismo. Participou tamén na fundación de Galaxia, onde creou a colección "Salnés".





Iniciouse na escritura na publicación escolar Tude, que dirixía Xesús Ferro Couselo. En castelán escribiu xunto ao seu irmán Xosé María a peza teatral Los pazos altivos. En lingua galega é autor de Poemas de ti e de min e do poemario O tempo desancorado (poemas para María Blázquez), publicado no ano da súa morte.