ORTOGRAFÍA DA LINGUA GALEGA : DESCRICIÓN, REGRAS E DITADOS

ORTOGRAFÍA DA LINGUA GALEGA : DESCRICIÓN, REGRAS E DITADOS. DESCRICIÓN, REGRAS E DITADOS

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Gramática
Materia BIC
Guías gramaticales y de uso
ISBN:
978-84-9782-237-4
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

23,20 €

En dólares:

$ 32,02
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Nesta "Ortografía da lingua galega", preparada por María Xesús Méndez Álvarez, o lector atopará unha recompilación exhaustiva de todos os aspectos gráficos que atinguen á correcta escritura da lingua galega (vogais, consoantes, acentuación, puntuación...) cunha presentación razoada das regras ortográficas e con numerosos consellos sobre a pronunciación de vogais, consoantes implosivas, dígrafos, ditongos e hiatos. Ademais, ofrécese nesta obra unha proposta práctica a través de textos, organizados en distintos niveis de aprendizaxe, con intención de que o usuario resolva as dúbidas que se lle presenten e mellore a súa competencia lingüística.
Actualizada segundo a nova normativa, esta ortografía, ampla e clara na exposición dos contidos e didáctica na aplicación da práctica, é unha obra destinada tanto ao profesorado, alumnado e persoal das administracións como a un público amplo que pretende mellorar o uso escrito da lingua.

MÉNDEZ ÁLVAREZ, MARÍA XESÚS
María Xesús Méndez Álvarez (Lugo, 1969) actualmente é profesora de ensino secundario nun instituto de Ourense, tras exercer durante varios anos a docencia de lingua portuguesa na Escola Oficial de Idiomas desa mesma cidade. Ten realizado diversos traballos de tradución ao galego e ao portugués, e é coautora dos 3 volumes do "Manual de lingua galega. Teoría e práctica" (Xerais 2004), destinados ao ensino do idioma galego no Ciclo Superior das E.O.I., así como da "Ortografía da lingua galega" (Xerais 2004).