O VOLUNTARIADO SOCIAL : UN CAMIÑAR COMPARTIDO

O VOLUNTARIADO SOCIAL : UN CAMIÑAR COMPARTIDO. UN CAMIÑAR COMPARTIDO

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Lingüística General
Materia BIC
Ensayos literarios
ISBN:
978-84-8302-657-1
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

12,02 €

En dólares:

$ 16,59
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Neste tempo de recoñecemento do voluntariado, o autor propón nun mesmo texto ensaístico un manifesto a prol do voluntariado, unha análise crítica deste fenómeno, unha caixa de ferramentas para animadores e responsables de voluntariado, e, se non abondase, unha achega conceptual novidosa sobre o pensamento social en Galicia. Unha obra con vontade explícita de intervención que ao mesmo tempo que ilusiona critica; unha obra ao tempo instrumental e teórica sobre o voluntariado social concibido e pensado dende Galicia como unha achega necesaria a un proxecto de humanización da convivencia planetaria. Unha proposta ética sobre un camiño posible para a humanización da convivencia.
González Avión propón nesta segunda entrega da serie XERAIS ENSAIO, bebendo das fontes da democracia cristiá, da socialdemocracia e das novas ideas da democracia radical e participativa, unha reflexión crítica sobre a natureza e sobre a articulación social do voluntariado, sexa en relación ao Estado e ao Mercado, sexa na correlación entre as organizacións e as persoas, reparando en diversoas aspectos desta práctica socialmente transformadora: a sensibilización, a convocatoria, a acollida, a maduración persoal e grupal, a formación e sobre todo a profundización sobre a experiencia e as relacións interpersoais. E esta crítica a realiza González Avión dende o marco apaixonado do compromiso persoal e social: un paixón que nos leve a comprometer a vida e a procurar a xustiza.

GONZÁLEZ AVIÓN, SANTIAGO
Santiago González Avión (Mondariz 1966), sociólogo. Desde novo, participou en asociacións xuvenís, culturais e deportivas. En 1984 entrou no mundo voluntariado, primeiro con colectivos de excluídos, e logo en ONG de Cooperación e desenvolvemento. Foi responsable de voluntariado en Cáritas. Posteriormente foi director da Fundación Secretariado Gitano en Galicia e presidente da Rede Europea contra a Pobreza en Galicia (EAPN). Na actualidade traballa como consultor na Asociación Cuarto Sector - Desenvolvemento Social. Como ensaísta publicou: Abrente Incerto: pobreza, dereitos e desenvolvemento na Galicia de hoxe (1998), Premio Vicente Risco 1998 de ensaio e O voluntariado social. Un camiñar compartido (Xerais 2001). Con posterioridade, publicou o estudo O chabolismo en Galicia. Informe 2006, ademais de participar en diversos estudos, investigacións, informes e publicacións colectivas.