O SOÑO SULAGADO

O SOÑO SULAGADO

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-7507-600-3
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

8,30 €

En dólares:

$ 11,45
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova. A chamada da infancia, do lar materno; a procura do paraíso perdido (simbolizado nas árbores, na terra, no azul dos horizontes) conxúgase cos degaros de liberdade, coa ansia por transformar un presente esquivo e hostil.
Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957) é membro destacado da máis recente xeración da poesía galega. A súa análise está feita desde o rigor e desde o traballo serio e continuado, pero tamén desde o diálogo entre poetas: imprescindible para dar coas verdadeiras dimensións da sensibilidade.

FERREIRO, CELSO EMILIO
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949 publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002)). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man de man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que redixiu "Viaxe ao País dos Ananos" (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en "Cantigas de escarnio e maldicir" (1968), no romance de cego "Paco Pixiñas" (1970), en "Os autentes" (1973) e mais en "Antipoemas" (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios "Cimenterio privado" (1973), "Onde o mundo se chama Celanova" (1975, Xerais 1991) e o "Libro dos homenaxes" (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: "A fronteira infinda" (1972, Xerais 1988) e "A taberna do galo" (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicadas os volumes "Obra narrativa" (Xerais 2003), edición de Mónica Góñiz, e "Poesía galega completa" (Xerais 2004), edición de Ramón Nicolás.