MESTERES

MESTERES

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-8302-412-6
Páginas:
144
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

16,85 €

En dólares:

$ 23,25
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan as seus títulos poéticos Liturxia do corpo (1982) ou Noite de degaro (1994), entre outros.
Posuidor dunha voz poética dotada de pulsión e alento propios, Mesteres (publicado inicialmente en 1976) constitúe unha referencia inexcusable á hora de valorarmos o denominado cambio de rumbo da nosa lírica máis recente.
A presente edición de Mesteres, revisada persoalmente polo autor, revela a modernidade da súa concepción poética que pasa pola relevancia outorgada ás dimensións significativas da palabra e pola mestría na explotación das posibilidades e recursos expresivos, entre outros achados.
Velaquí, pois, un volume que recolle unha das expresións poéticas máis singulares, renovadoras e intensas dos últimos vintecinco anos da nosa lírica.

LÓPEZ-CASANOVA, ARCADIO
Arcadio López Casanova (Lugo, 1942), poeta e ensaísta, cursou entre 1959 e 1964 a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, entrando en relación cos mestres do galeguismo e cos escritores da chamada Xeración das Festas Minervais. Colaborou asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia , e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Xa de volta á súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha memorable homenaxe a Luís Pimentel. Asiste á tertulia luguesa de Celestino Fdez. de la Vega , colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección " Ronsel " de poesía. Comeza, así mesmo, a impartir docencia no Colexio Fingoy, baixo a dirección do profesor Carballo Calero, e pasa logo ó lNEM, onde coincide cos catedráticos Alonso Montero e Amable Veiga. En 1967 publica Palabra de honor, libro tamén retirado por orde gobernativa. No 1968 obtén unha cátedra de Lingua e Literatura Españolas, solicitando a praza do Instituto " Benlliure " de Valencia. Xa instalado na cidade levantina, desenvolve co seu colega e amigo, o profesor Eduardo Alonso, unha ampla tarefa de dirección editorial e de publicacións sobre temas de historia, teoría e crítica literarias, con obras como Lenguaje, expresión literaria y lingüística del español (1970), Lengua española. La expresión literaria (1974), El análisis estilistico (1975) e Poesía y novela (1982). No eido creativo inicia o ciclo dos Mesteres, que adianta en varios Pliegos a amigos, publica a antoloxía Memoria dunha edá (1976) e a edición bilingüe, e primeira, de Mesteres (1976, Xerais 2000). No 1978 obtén o Premio " Adonais " con La oscura potestad (1979), e defende a súa Tese de doutoramento sobre Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea. Logo publicará Liturxia do corpo (1983), poemario ao que se lle concede o Premio da Crítica-Galicia á creación literaria. Catro anos despois (1986), obtén por oposición praza de Profesor Titular da Universitat de València, proseguindo o seu labor de investigación con estudios como Estructuras correlativas y función estilística (1989), Lenguaje de la poesía y figuras gramaticales (1990), La poesía romántica (1991), Miguel Hernández, pasión y elegía (1993) e El texto poético .Teoría y metodología (1994). En relación coa literatura galega, edita a Antología poética de Rosalía de Castro (1985, 2ª ed., ampliada en 1995), Luís Pimentel e " Sombra do aire na herba " (1990), Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética (1994), e o Diccionario metodolóxico de análise literaria. I. A Poesía (2001), así como estudios sobre Ramón Cabanillas (1976), Luís Seoane (1994), E. Blanco Amor (1993), Curros Enríquez (2001) e sobre " Fin de século e modernidade literaria " (1997) ou o " Modernismo en Galicia " (1999). A Real Academia Galega concédelle o Premio " Menéndez Pidal " de investigación por un traballo sobre a obra de E. Pondal. No eido da creación poética, da última década son os seus libros Razón de iniquidad (1991, Premio Internacional " Ciudad de Melilla " ), Noite do degaro (1994) e Asedio de sombra (1997, Premio " Tiflos " ).