GONZÁLEZ, L.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Matemáticas ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Os alumnos que comezan este curso pasan de Primaria a Secundaria. Esta etapa da súa vida escolar é un novo encontro coas Matemáticas. As Matemáticas non son só operacións, senón a aprendizaxe de ideas e conceptos para conseguir destrezas e procedementos e adquirir actitudes. É unha viaxe, na que a partir de actividades, se van aprendendo novos conceptos e afianzando os que xa se coñecen. Este libro consta dunha gran cantidade de exercicios e actividades para que o alumno poida recrearse na súa resolución, sen perder o rigor matemático. É unha ferramenta de traballo para o profesor que o axuda a formar parte do proceso de aprendizaxe do alumno de forma fácil e natural. Tabla de Contenidos 1. Números naturais. 2. Divisibilidade. 3. Números enteiros. 4. Fraccións. 5. Números decimais. 6. Proporcionalidade. 7. Medidas e magnitudes. 8. Elementos do plano. 9. Figuras planas. 10. Áreas de figuras planas. 11. Circunferencia e círculo. 12. Gráficas e táboas.