LIMPEZA DE SANGUE

LIMPEZA DE SANGUE

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
OBRAS DE TEATRO, TEXTOS TEATRALES
ISBN:
978-84-9782-522-1
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

14,00 €
Comprar

En dólares:

$ 19,32
Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, coñecen outros aspectos da vida aos que a rutina diaria non lles permitiu que lles prestasen atención. Ven nacer así unha amizade inimaxinable, mentres todo ao seu redor continúa o seu obsesivo, prexuízoso e sistemático funcionamento, no que nin sequera unha inocente proposta roubada de Príncipe e mendigo de Mark Twain abrirá unha nova porta.

RUIBAL, RUBÉN
Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) traballou como actor, axudante de dirección e director nas compañías Teatro de Aquí, Teatro Cachuzo e Centro Dramático Galego entre os anos 1994 e 2004. Formouse no mundo do teatro durante os dez anos que colaborou con Roberto Vidal Bolaño na compañía Teatro do Aquí. No ano 2000 creou, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que levou á escena os seus textos teatrais Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003). Patatín & Patatán Superproductions representou as súas obras Trafic, arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005). Logo do peche da compañía Teatro do Aquí, tras a morte de Roberto Vidal Bolaño, dedicouse a escribir, logrando o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2005 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) (Xerais, IGAEM, 2006, Premio Nacional de Literatura Dramática, 2007). Con Peter Buckley, un firme traballador da derrota, escrito xunto con César Candelas, recibiu o Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no ano 2009. Os seus textos máis recentes: Estigma (escrito xunto con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo), Delimvois (Xerais 2009), ¿Onde andas, Karl? e Cambios de destino foron estreados polo Centro Dramático Galego, a Oficina de Guimaraes, a Escola de Teatro de Narón e Teatro en Punto. Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.

Otros libros del autor

  • FUME, INSOMNIO
    Titulo del libro
    FUME, INSOMNIO
    RUIBAL, RUBÉN
    Sin stock. Entrega estimada en 2/3 días.

    5,00 €