DICIONARIO VISUAL

DICIONARIO VISUAL

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
Diccionarios
ISBN:
978-84-9782-329-6
Páginas:
48
Encuadernación:
Cartoné
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

16,00 €

En dólares:

$ 22,08
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais. Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome.
O presente "Dicionario visual", editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira.
A riqueza das situacións que se representan nas escenas -protagonizadas polos membros da familia- fai que o "Dicionario visual"sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións, o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, ANAÍR
Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora en Edicións Xerais, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora do álbum " Pioneiras. Galegas que abriron camiño " (Xerais, 2018), ilustrado por Nuria Díaz.

Otros libros del autor

  • MAS QUE LIBROS
    Titulo del libro
    MAS QUE LIBROS
    VICÓ, JOSEP
    ¿Sabías que hay libros que te atrapan si te descuidas? Pero no tengas miedo, no tienes que resistirte porque seguro ...
    Sin stock. Entrega estimada en 2/3 dí

    15,95 €

  • DICTIONARY VISUAL ALGAR
    Titulo del libro
    DICTIONARY VISUAL ALGAR
    VICÓ, JOSEP
    Sin stock. No disponible

    16,95 €

  • JO SOC JO -ANGLES-
    Titulo del libro
    JO SOC JO -ANGLES-
    S / VICÓ, JOSEP
    Sin stock. Entrega estimada en 2/3 días.

    5,10 €