CONVERSAS CON MÉNDEZ FERRÍN : HISTORIA, LITERATURA, NACIÓN

CONVERSAS CON MÉNDEZ FERRÍN : HISTORIA, LITERATURA, NACIÓN. HISTORIA, LITERATURA, NACIÓN

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Biografías
Materia BIC
Biografía: literaria
ISBN:
978-84-9782-390-6
Páginas:
240
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

17,00 €

En dólares:

$ 23,46
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Este libro recolle as conversas que en Vilanova dos Infantes mantivo o xornalista Xosé Manuel del Caño con X. L. Méndez Ferrín sobre historia, literatura e nación. Méndez Ferrín é figura cimeira da cultura galega contemporánea: grande mestre do relato curto, renovador da novela, voz poética rupturista, rigoroso crítico e investigador literario, polémico articulista e infatigable militante da liberación política e social de Galicia. Nestas conversas vai debullando as liñas fundamentais sobre o seu pensamento sobre o pasado antigo e recente do territorio que comprende a vella Gallaecia, a nosa literatura, o panorama internacional e as posibilidades de apertura de novos camiños dentro dun horizonte de esperanza que comeza a agromar.

CAÑO, XOSÉ MANUEL DEL
Xosé Manuel del Caño naceu en Santa Eufemia (Celanova) o 17 de decembro de 1955. É redactor de Faro de Vigo na delegación de Ourense. Dirixiu a revista literaria Follas Secas. Impulsou a recuperación da casa de Manuel Curros Enríquez e a creación da biblioteca de Graham Greene no mosteiro de Oseira. Fundador do premio " Celanova, casa dos poetas " . Publicou os libros O mal tempo (1981), Lembranzas dun home (1983), Once nudos I (1984), Once nudos II (1985), Areas (1990), Conversas con Manuel María (Xerais 1990), Cen galegos (1993), Guía de Ourense (1996), Literaria (1997), Historia Ilustrada de Ourense (2001), Salgroso / A Muller de Lot (2002), Ourense. Paisajes, ciudades y monumentos (2004), Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado (2005). Alfonso S. Palomares. La lucha por la libertad (2005), Conversas con Méndez Ferrín. Historia, literatura, nación (Xerais 2005) e O misterio de Carlos G. Reigosa. Conversas (Xerais 2007).