CONTRA A MORTE DAS LINGUAS

CONTRA A MORTE DAS LINGUAS. O CASO DO GALEGO

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
Gallego (galego)
ISBN:
978-84-9914-550-1
Páginas:
320
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

22,00 €
Comprar

En dólares:

$ 30,36
Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local. Este ensaio supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego dun modelo metodolóxico que vai do xeral ao particular, alén de facer fincapé en cuestións fundamentais como o concepto de dereito lingüístico ou os procesos de normalización.
A pesar de este eido da sociolingüística ser considerado tradicionalmente como pesimista, Miguel Moreira Barbeito enmarca a obra na liña do entusiasmo comprometido e de liberación. Trátase dunha proposta de análise en chave positiva que desbota as visións catastrofistas e que pretende, neste momento crítico, tirar proveito dos argumentos que sinalan unha alternativa de futuro para as linguas minorizadas nos innúmeros contextos de conflito lingüístico.

MOREIRA BARBEITO, MIGUEL
Miguel Moreira Barbeito é doutor en Filoloxía coa especialidade de Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela, onde colaborou con varios proxectos de investigación da área de Lingüística xeral centrados na catalogación das linguas do mundo desde unha perspectiva sociolingüisticamente informada. Conta con varias publicacións froito da súa participación en congresos internacionais e cursos de verán, como «A idoneidade da interpretación individual dos dereitos lingüísticos», na Universidade da Coruña, «Derechos lingüísticos: ¿individuales o colectivos?», na Universidade de Valladolid, ou «Elecciones lingüísticas individuales orientadas colectivamente», na Universidade de Zaragoza. Traballou como docente en cursos de galego e español para persoas estranxeiras e tamén en cursos en liña sobre o tratamento da diversidade lingüística nas aulas. No eido editorial colaborou na elaboración dun manual de Lingua galega e literatura para bacharelato, e no ámbito xornalístico desempeñou labores de corrector lingüístico.