CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

CONSULTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

MÉNDEZ FERRÍN, X. L.

34,50 €
IVA incluido
Sin stock. Disponible en 2/3 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2007
ISBN:
978-84-9782-642-6
Páginas:
504
Encuadernación:
Cartoné
34,50 €
IVA incluido
Sin stock. Disponible en 2/3 días
Añadir a favoritos

Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro.
A obra organízase en tres partes: no "Consultorio" abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos; en "Un ferrado de apelidos" analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes; e en "Flor de raros" trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais.
Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico.
O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.

X. L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, obtivo premios como Celanova Casa dos Poetas (1985), Premio Trasalba (2001), Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2004 e Premio Nacional de Literatura (2008). A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007, Premio da Crítica Galicia), Arraianos (1991, Premio da Crítica Galicia, Premio da Crítica Española e Premio Losada Diéguez), ou No ventre do silencio (1999, Premio Eixo Atlántico, Premio da Crítica Española). A súa produción poética está composta por títulos como Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972), Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), Con pólvora e magnolias (1977, Premio da Crítica), Poesía enteira de Heriberto Bens (1980); O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994, Premio Losada Diéguez), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), que foi incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988. É autor, ademais, do Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos (2007) e dos ensaios Cancioneiro de Pero Meogo (1966) e De Pondal a Novoneyra (1984).

Artículos relacionados

  • FICCIONARIO: PALABRAS DELANTE DE UN ESPEJO
    JOSE MARÍA ARENZANA
    Sin stock. Disponible en 24/48h

    13,95 €

  • DICCIONARIO BÁSICO DE SINÓNIMOS, ANTÓNIMOS Y PARÓNIMOS
    EQUIPO EDITORIAL
    El lector puede dominar la lengua española gracias a este diccionario de consulta con el que resolverá dudas sobre las palabras que significan lo mismo, las que expresan ideas opuestas y las que son semejantes para ir un paso más allá en el dominio de este idioma. ...
    Sin stock. Disponible en 24/48h

    6,00 €

  • DICCIONARIO BÁSICO DE LA LENGUA ESPAÑOLA
    EQUIPO EDITORIAL
    La mejor manera de conocer un idioma es descubrir el significado de sus palabras. Este libro de consulta es muy útil para aclarar dudas, resolver confusiones y adquirir un vocabulario amplio y preciso que nos permita expresarnos con claridad tanto en el ámbito personal como en el profesional. ...
    Sin stock. Disponible en 24/48h

    6,00 €

  • DICCIONARIO BÁSICO DE ESPAÑOL-INGLÉS E INGLÉS-ESPAÑOL
    EQUIPO EDITORIAL
    Siempre se necesita tener a mano un diccionario bilingüe con el que realizar consultas, aclarar dudas, ampliar el vocabulario, localizar el término exacto en una traducción, mantener una comunicación eficaz, etc. Un volumen imprescindible para viajes, trabajos y relaciones sociales. ...
    Sin stock. Disponible en 24/48h

    6,00 €

  • DICCIONARIO BÁSICO DE ESPAÑOL-FRANCÉS E FRANCÉS-ESPAÑOL
    EQUIPO EDITORIAL
    Para aprender otro idioma una herramienta imprescindible es el diccionario bilingüe que ofrece el término preciso en cada situación, resuelve dudas, aclara consultas y favorece la comunicación y compresión de las dos lenguas. Este diccionario ayuda a conocer el significado de las palabras, su etimología y ortografía tanto en español como en francés. ...
    Sin stock. Disponible en 24/48h

    6,00 €

  • CALLEJERO EMOCIONAL DE GRANADA
    GONZALEZ ARROYO, FRANCISCO / ASTRAIN GAL
    Granada es una ciudad que cuenta con un callejero muy rico en referencias históricas, sociales y culturales que invitan a la re?exión y despiertan la curiosidad del paseante, sorprendido y nunca indiferente al contemplar los nombres de sus calles. No en vano, la nomenclatura de las calles en una ciudad son un ?el re?ejo de la manera en que han evolucionado sus gentes y sus...
    Sin stock. Disponible en 24/48h

    34,00 €

Otros libros del autor

  • ARRAIANOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexió...
    Entrega 3/5 días

    9,95 €

  • AMOR DE ARTUR
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L. / CADOGAN COWPER, FRANK (Ilustración)
    X. L. Méndez Ferrín es, sin duda, el más importante escritor vivo en lengua gallega. Autor totémico, referente ineludible para nuevas generaciones de narradores, ha sido varias veces propuesto para el Premio Nobel de Literatura. Los cinco relatos recogidos en Amor de Artur, volumen de una hermosura feroz, tienen como fondo el país de Tagen Ata, territorio paradigmático y símbol...
    Sin stock. Disponible en 24/48h

    19,95 €

  • CONTRA MAQUIEIRO
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso. Desde 14th Street á Pena de Anamán, pasando revista aos acontecementos dun século que entronizou...
    Sin stock. Disponible en 3/5 días

    12,00 €

  • ESTIRPE
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É a poesía que afunda as súas raíces na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas diferencias, o noso devir tantas veces frustrado ou demitido. Esta é a poesía que atopamos en Estirpe, o libro que agora aparece como abalón das conciencias e motivo de reflexión poética. ...
    Sin stock. Disponible en 2/3 días

    15,63 €

  • DE PONDAL A NOVONEYRA
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Eduardo Pondal (1835-1917) é certamente o noso primeiro poeta moderno. E aquí explícase en que consiste exactamente esa modernidade. Entre o autor de Queixumes dos pinos e a obra de Uxío Novoneyra (ou de X. L. Franco Grande, o último poeta que se cita) vai un longo percorrido, unha afervoada viaxe que é, tamén, o esforzo de construcción (ou reconstrucción) da nosa identidade c...
    Descatalogado

    13,74 €

  • CUENTOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    No disponible

    10,82 €