CÓLERA

CÓLERA

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-9782-612-9
Páginas:
64
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

12,50 €

En dólares:

$ 17,25
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio... A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos de concienca ideolóxica e represión brutal; xa que logo non lle era posible rememorar ese terror sen ira, non podía escribilo sen cólera. Pero, aínda que a autora viviu os acontecementos, non os escribe en nome propio: están trazados dende o punto de vista masculino. Non podería escribirse desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos: as mulleres non decidían, non contaban. Este poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión.

QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
Naceu en Vigo en 1939. É presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e directora da revista Festa da palabra silenciada. O feminismo e o nacionalismo son elementos claves na súa obra literaria e na súa actividade. A orella no buraco, aparecida en 1965, foi a súa primeira novela. Narra a vida dun vagabundo dende un estilo obxectalista. A esta seguiron outras obras narrativas como A semellanza, Amantia, Amor de tango e Ten o seu punto a fresca rosa. É colaboradora en diversos xornais e revistas.



Otros libros del autor

  • MARY WOLLSTONECRAFT SHELLEY E A SÚA CRIATURA ARTIFICIAL
    Titulo del libro
    MARY WOLLSTONECRAFT SHELLEY E A SÚA CRIATURA ARTIFICIAL
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa ed...
    Novedad de próxima aparición

    9,95 €

  • RACIONALISMO POLÍTICO E LITERARIO : CONCILIAR AS CIENCIAS E AS HUMANIDADES
    Titulo del libro
    RACIONALISMO POLÍTICO E LITERARIO : CONCILIAR AS CIENCIAS E AS HUMANIDADES
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción ...
    Sin stock. No disponible

    9,50 €

  • ANTI NATURA
    Titulo del libro
    ANTI NATURA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Anti natura é unha viaxe polo saber. María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Arist...
    Sin stock. No disponible

    15,25 €

  • O SOLPOR DA CUPLETISTA
    Titulo del libro
    O SOLPOR DA CUPLETISTA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero...
    Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

    17,00 €

  • EMILIA PARDO BAZÁN
    Titulo del libro
    EMILIA PARDO BAZÁN
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ / SANTISO, ANA
    «Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. ...
    Sin stock. Entrega estimada en 5/7 días.

    11,00 €