CLARO E SEGUIDO 1. COMPRENSIÓN ORAL : UN ENFOQUE COMUNICATIVO NA DIDÁCTICA DA LI

CLARO E SEGUIDO 1. COMPRENSIÓN ORAL : UN ENFOQUE COMUNICATIVO NA DIDÁCTICA DA LI. UN ENFOQUE COMUNICATIVO NA DIDÁCTICA DA LINGUA

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Cuadernos de apoyo
Materia BIC
Recursos y materiales didácticos para docentes
ISBN:
978-84-9782-108-7
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

11,00 €

En dólares:

$ 15,18
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

"Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir) que lle permitan ao alumnado mellorar a súa competencia comunicativa. Unha proposta que quere ser polivalente, en canto que inclúe máis de duascentas actividades para que o profesorado escolla ou adapte aquelas que máis se axeiten ao seu estilo docente e ao seu contexto académico particular (secundaria obrigatoria, agrupamentos específicos, obradoiros de comunicación, obradoiros de expresión escrita, educación de adultos...). Con todo, este material non foi deseñado como un conxunto de actividades illadas, senón como un método de ensino-aprendizaxe que responde a unha orientación programática da área de lingua focalizada nos procedementos, que entende a asimilación de contidos lingüísticos non como un fin en si mesmo, senón como un medio para acadar ou mellorar a competencia comunicativa.
"Claro e seguido" preséntase en catro cadernos: «Comprensión oral», «Expresión oral», «Comprensión escrita» e «Expresión escrita», deseñados con idéntica estrutura expositiva.

ALONSO PINTOS, SERAFÍN
SERAFÍN ALONSO PINTOS (Bonn, 1969). Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Colabora desde hai anos con diversas publicacións (Grial; Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca; Boletín do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega). No ano 2000 gañou o VI Premio de Ensayo de Catalán, Gallego y Vasco da UNED co traballo Para unha historia do estándar galego. As propostas do período 1966-1980. Traballa como profesor de ensinanza secundaria e na actualidade prepara a súa tese de doutoramento sobre o proceso de estandarización do galego.

Otros libros del autor