CAMESELLE. CRÓNICA FOTOGRÁFICA DE VIGO (1975-2005)

CAMESELLE. CRÓNICA FOTOGRÁFICA DE VIGO (1975-2005)

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
Historia local
ISBN:
978-84-9914-578-5
Páginas:
440
Encuadernación:
Cartoné
Disponibilidad:
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

28,50 €
Comprar

En dólares:

$ 39,33
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "Faro de Vigo" de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso.
En palabras de Ceferino de Blas, prologuista do libro, "Cameselle foi fotógrafo de múltiples dimensións. Do mar vigués, que tanto amaba, da cidade e canto a definía, da industria, dos estaleiros, da actividade portuaria, da rica dinámica cultural. De grandes acontecementos, de prohomes e anónimos. Vigo, a cidade da que estaba encariñado, está impresa nestas páxinas polas catro bandas e por todas as súas costuras. Repasando o seu traballo apréciase o devir da urbe durante máis dun terzo de século. Fillo do tempo que lle tocou vivir, o nome de Cameselle está ligado a un ámbito tan periodístico como lacerante: a gran depresión da industria e as loitas laborais. Até o punto de que pode considerarse o fotógrafo de "Os luns ao sol", a película da reconversión industrial viguesa. As súas fotos resumen o devalar dos estaleiros e outras industrias punteiras e o esforzo dos traballadores para impedir o inevitable".

CAMESELLE DOMÍNGUEZ, GUILLERMO
Guillermo Cameselle Domínguez (Vigo, 1951-2012). Fotógrafo. Realizou estudos de decoración, fotografía e informática. Iniciouse no mundo da fotografía realizando reportaxes xunto a Manuel Novoa e Manuel García Castro «Magar». A comezos dos anos 70 traballou como reporteiro gráfico na delegación territorial de TVE e como correspondente gráfico da Axencia EFE. En 1974 entrou a formar parte do cadro de Faro de Vigo onde, dende entón, traballou como fotógrafo e, dende 2001 até 2005, como xefe de fotografía. Colaborou con diversas editoriais e revistas. É autor das fotografías dos libros Vigo a través de sus barrios (Faro de Vigo, 1995) e Vigo a través de sus monumentos (Faro de Vigo, 1997). Obtivo diversos premios e recoñecementos polo seu traballo: Premio Internacional de la Camelia; Premio Galicia y el mar (1990) pola súa reportaxe «Castelete»; Premio Galicia de Comunicación (2005) na categoría de periodismo gráfico en recoñecemento á súa «intensa e brillante traxectoria profesional»; e Mención de honra da Federación española de vela (2006). Unha pequena parte do seu traballo está recollido no libro antolóxico Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) (Xerais 2013).