CALVO, D. & ALBARRACÍN, C.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Bioloxía e Xeoloxía ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Este libro pódese estruturar en tres bloques temáticos dedicados ás manifestacións da dinámica terrestre, á xenética e evolución e ao medio. As unidades están formuladas desde o punto de vista da observación e a descrición de forma sinxela de todos os fenómenos naturais. Neste apartado a selección de fotos, debuxos e exemplo fíxose pensando naqueles modelos que poden resultar ser máis actuais e cotiáns, de tal forma que sexa máis sinxelo inferir sobre eles as explicacións teóricas. Por este motivo a carga gráfica de debuxos e fotografías é tremendamente importante. En canto á estrutura didáctica do libro, cada unidade comeza cunha dobre páxina de presentación na que se introduce ao alumnado nos contidos correspondentes a partir dunha fotografía, un pequeno texto e unha serie de preguntas encamiñadas a detectar os conceptos previos que, ademais, serven como fío condutor. As actividades están intercaladas no texto para reforzar e consolidar os contidos ou para que se poida empregar a metodoloxía de ensinanzaaprendizaxe, baseada no estudo dos contidos conceptuais a partir destas. Tamén se formulan actividades que tratan de conectar o que se estuda coa vida diaria, coa sociedade ou cos avances tecnolóxicos presentes ou futuros, como as dobres páxinas de final de unidade. Tabla de Contenidos 1. O relevo cambia. 2. As formas do relevo. 3. A enerxía da Terra. 4. Tectónica de placas. 5. A historia da Terra. 6. Orixe e evolución dos seres vivos. 7. Reproducción e herdanza. 8. Os seres vivos e o medio ambiente. 9. Dinámica de ecosistemas. 10. A humanidade e o medio ambiente.