CALVO, D.
Introducción O proxecto McGrawHill para a área de Bioloxía e Xeoloxía ofrece unha serie de materiais adaptados ás esixencias curriculares e ás necesidades do ensino actual. Estes materiais incorporan todos aqueles elementos imprescindibles para que o profesorado atope neles un soporte sólido e completo que facilite a súa tarefa na aula. Esta liña editorial caracterízase pola continuidade e coherencia na secuenciación dos contidos, con textos claros e precisos, reforzados cunha ampla gama de exemplos, exercicios e actividades que favorecen a asimilación dos conceptos, ademais de toda unha liña de materiais complementarios e unhas útiles propostas didácticas. Descripción Tanto a estrutura didáctica coma os contidos desta obra foron creados tendo como obxectivo elaborar unha ferramenta de traballo útil e visual que lle facilite tanto ao profesor coma ao alumno poder establecer unha canle adecuada para o ensino das ciencias. Probablemente un dos aspectos máis importantes neste libro é que se parte da idea de que a observación e a posterior análise dos fenómenos naturais que nos rodean supoñen un punto de apoio fundamental na docencia, por isto se fai especial fincapé en ofrecer en cada páxina un número adecuado de fotos e ilustracións que reforcen adecuadamente todas as explicacións teóricas. Isto non quere dicir que se desmerezan as explicacións teóricas, non esquezamos que na ESO a lectura é unha actividade en crise e que a prepotencia do audiovisual conduce a un coñecemento aproximativo e superficial. Pedagoxicamente este tipo de ensinanza obriga ao alumno a realizar un proceso de aprendizaxe afastado da simple memorización, e achégao á dedución e á relación dos conceptos aprendidos. Tabla de Contenidos 1. Rochas i minerais. 2. Células e tecidos. 3. Saúde e enfermidade. 4. Alimentación e saúde. 5. Outros aparatos implicados na nutrición. 6. O sistema nervioso. 7. Receptores e efectores do sistema nervioso. 8. Reproducción humana.