AO PÉ DE CADA HORA. TEMPO DE COMPOSTELA

AO PÉ DE CADA HORA. TEMPO DE COMPOSTELA

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-8302-835-3
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

16,85 €

En dólares:

$ 23,25
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega. As tres restantes seccións, "Pregoeira da ledicia", "O teu corpo florido" e "Ausencia e noiva baixo raíces", constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas activas da conciencia.
O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título "Poemas diacrónicos", "Poemas contemporáneos" e "Poemas nominados", ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de "belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe", isto é, dos poemas que integran a obra. Deste xeito atopa xustificación a presencia dos "poemas diacrónicos", compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade.
O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.

GARCÍA BODAÑO, SALVADOR
(Vigo, 1935). Poeta pertencente á Xeración das Festas Minervais e cofundador do grupo O Galo. Colaborou con diversas publicacións e é autor de varias traduccións ó galego. Os temas sobre os que xira a súa poesía son, como sinala Dolores Vilavedra, Galicia e a muller. Entre os seus libros destacan Ao pé de cada hora (1967), Tempo de Compostela (Premio da Crítica Española, 1978) e o libro de relatos Os misterios de Monsieur D'Allier (Premio da Crítica, 1993). Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega en 1992. Ó longo da súa vida recibiu numerosos premios e recoñecementos.