ANTÓN REIXA. GHICHO DISTINTO

ANTÓN REIXA. GHICHO DISTINTO. GHICHO DISTINTO

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
MEMORIAS
ISBN:
978-84-9914-399-6
Páginas:
280
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Novedad de próxima aparición

19,00 €
Comprar

En dólares:

$ 26,22
Novedad de próxima aparición

A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos -e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social-, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. E sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país.
Nestas conversas co escritor X. Cid Cabido e co crítico Manuel Xestoso, Antón Reixa vai debullando os aspectos máis relevantes da súa biografía, as claves do seu traballo e as liñas esenciais do seu pensamento artístico e político.

CID CABIDO, XOSÉ
Cid Cabido (1959) como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).