ABECEDARIO DAS MANTENZAS

ABECEDARIO DAS MANTENZAS

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia BIC
Galicia, Comunidad Autónoma de
ISBN:
978-84-9914-445-0
Páginas:
320
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

37,00 €
Comprar

En dólares:

$ 51,06
Sin stock. Entrega 5/7 días aprox.

O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe.
O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e académico Xosé R. Barreiro Fernández, un dicionario dos nosos peixes, froitas, carnes, mariscos, viños..., pero tamén da forma de adubalos e cociñalos sen excluír os nomes e as obras dos mellores coñecedores da cociña galega nin descartar noticias, proverbios, cantigas, ditos e lendas sobre a nosa gastronomía. Este libro resulta algo ben diferente daquelas obras que só pretenden ser un receitario práctico e que deixan de lado toda a cultura que encerra a arte culinaria. Ademais, Fausto Galdo, na súa condición de médico, infórmanos do necesario equilibrio que debe producirse entre os praceres da comida e a saúde das persoas.
Cun tratamento divulgativo, recolle o autor a presenza das nosas mantenzas na tradición oral e na produción literaria que vai de Afonso X o Sabio ata Rosalía ou o propio Cunqueiro, e converte este abecedario nun libro de lectura áxil e recorrente.

GALDO, FAUSTO
Benigno Fausto Galdo Fernández (Viveiro, 1944-2012) doutor en Medicina. Premio "Barrié de la Maza, conde de Fenosa", da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, 1979. Até 2011 foi xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUA Coruña e profesor de Reumatoloxía da facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e académico correspondente da Real Academia Galega. Autor colaborador de libros e numerosos artigos da súa especialidade, foi presidente da Sociedade Galega de Reumatoloxía e vice-presidente da Sociedad Española de Reumatología. Autor de Pintores y pintura de Viveiro, 1992; Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia, 1995; A Coruña en la historia de la viruela, 1996; A Memoria de Lugo, Xerais, 2000; Quinientos años de Reumatología de Galicia, 2001; Música de tres compositores reumáticos. Manuel de Falla, un reumático desconocido, 2001; Biblioteca Gastronómica de Galicia, 2003; Terra de Viveiro, 2005; A Memoria de Viveiro, Xerais, 2005; El sanatorio marítimo de Oza, 2007. Outorgáronselle distintos recoñecementos e galardóns: Premio Gastronomía de Galicia "Álvaro Cunqueiro" ao mellor labor en prensa, 1999; Folla de Prata do Albariño, 2000; Premio Gastronomía de Galicia "Álvaro Cunqueiro" ao libro mellor editado no ano, 2004.