A ROSA DE CEN FOLLAS

A ROSA DE CEN FOLLAS

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-7507-746-8
Páginas:
128
Encuadernación:
Bolsillo
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

6,95 €

En dólares:

$ 9,59
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala...
A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstranos outro dos Cabanillas posibles; desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía -un verso dela dá título á obra do cambadés-, a Bécquer ou aínda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamos diante dun dos mellores líricos galegos de sempre.

CABANILLAS, RAMÓN
Ramón Cabanillas (Fefiñáns, Cambados, 1876-Cambados, 1959) foi funcionario do Concello de Cambados e, aos trinta e catro anos, emigrou a Cuba, onde viviu ata 1915. Na Habana publicou os poemarios No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). De volta a Galicia, foi colaborador de A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento das Irmandades da Fala. Autor de Da terra asoballada (1917) e Na noite estrelecida (1926), libro no que Cabanillas reelabora os mitos do ciclo artúrico; no 1927 publica A rosa de cen follas, poemario intimista de tema amoroso. No ano 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega e, no 1929, da Real Academia Española. Despois da súa estadía en Madrid na década de 1940, comeza unha nova etapa como poeta coa escolma de cantigas populares Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida.





Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1976.