A LOITA CONTINÚA

A LOITA CONTINÚA

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
Materia
Poesía
Materia BIC
Poesía de poetas individuales
ISBN:
978-84-9782-162-9
Páginas:
96
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Sin stock. No disponible

11,50 €

En dólares:

$ 15,87
Sin stock. No disponible
Avisar disponibilidad

"A loita continúa" é un compendio de actos de fala do poeta Claudio Rodríguez Fer sobre dores, amores e clamores en memoria das cicatrices históricas, na procura de rastros de vida e poesía e en solidariedade co humanismo no que a loita continúa. Trátase dunha poesía integral sobre a vida a través da autenticidade, do coñecemento e da radicalidade. Como apéndice inclúese o esperpento histórico e escénico do Gran Tirano que creamos, que padecemos e que mesmo levamos dentro.

RODRIGUEZ FER, CLAUDIO
Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) é poeta, narrador, ensaísta e autor teatral. Foi catedrático de ensinanza media en Galicia e profesor das Universidades da Cidade de Nova York, da Bretaña Sur en Lorient e da Alta Bretaña en Rennes, por onde foi investido Doutor Honoris Causa. Exerce na Universidade de Santiago de Compostela, na que dirixe a revista literaria Moenia e a Cátedra Valente de Poesía e Estética. Coordina Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Traducido a numerosos idiomas, recibiu, no terreo poético, o Premio da Crítica Española; no investigador, por dúas veces o Premio Losada Diéguez, e, no académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento. Como poeta, agrupou as súas obras en ciclos temáticos: o erótico en Vulva (1990), que contén Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981), Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988); o fílmico en Cinepoemas (Xerais, 1983); o histórico na Triloxía da Memoria, conformada por Lugo blues (1987), A loita continúa (Xerais, 2004) e Ámote vermella (Xerais, 2009), e o nómade, integrado por Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este último editado cun estudo de Olga Novo. Reuniu toda a súa obra poética verbal en Amores e clamores (2011) e expuxo e publicou poesía visual, ademais de editar co pintor surrealista Eugenio Granell a obra Rastros de vida e poesía (2000). Como narrador publicou Meta-relatos (Xerais, 1988), Os paraísos eróticos (2010) e outras narracións reunidas no libro en Contos e descontos (2011), e como autor teatral editou e representou As costureiras (2006). Como estudoso publicou Antonio Machado e Galicia (1989), Poesía galega (Xerais, 1989), Arte literaria (Xerais, 1991), Comentarios de textos contemporáneos (Xerais, 1992), Comentarios de textos populares e de masas (Xerais, 1994), A literatura galega durante a guerra civil (Xerais, 1994), Acometida atlántica (1996), Guía de investigación literaria (1998), Borges dende o labirinto galego (2009), etc. Ademais realizou numerosos libros e edicións en torno ao narrador Ánxel Fole -A Galicia misteriosa de Anxel Fole (1981), Contos de lobos (Xerais, 1985), Ánxel Fole. Vida e obra (Xerais, 1997), Ánxel Fole. Unha fotobiografía (Xerais, 1997), O mundo lucense de Ánxel Fole (1997), Obra galega completa (1997), Obra literaria completa (2003), etc.- e ao poeta José Ángel Valente -Cántigas de alén (1987), José Ángel Valente (1992), Material Valente (1994), Valente: el fulgor y las tinieblas (2008), Cuaderno de versiones (2001), Cima del canto (2002), Obras completas. Ensayos (2008), etc.-, entre outros escritores galegos (Castelao, Pimentel, Dieste, Carballo, Ángel Johan, Blanco Torres, Novoneyra, Méndez Ferrín) e non galegos: A lenda do Gran Inquisidor, de Dostoievski (Xerais, 1998).