ABALDE COVELO, MARCOS
A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror. Ninguén pode fuxir desta eucaristía. O Rei Nu atravesa Palestina e vaise afundindo na historia de humillacións dun pobo que está a ser exterminado. Marta e María non deixan de cavar. O Padre decreta o vómito sobre a carne humana excentaria. Xudas e Barrabás odian os seus papeis e, mesmo así, expanden a amnesia do cancro. Neste territorio devastado, a xestión da barbarie vira norma sagrada.
Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982) obtivo o Premio Josep Robrenyo 2008 por Canibalismo; o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira (Xerais, 2012); o Premio Marqués de Bradomín 2012 por Xudite, e o Premio Bienal de Teatro Romaría Viquinga 2012 por Saga de Iacobsland. Ten publicadas algunhas pezas breves en Casahamlet, na Revista Núa e na Revista Galega de Teatro. É membro de Estaleiro Editora. Como poeta publicou Oenach (Premio Fiz Vergara Vilariño 2014). Exhumación, co que gañou o Premio Manuel Lueiro Rey en 2016, é o seu segundo libro de poemas.