En Japón, el "tsutsumi" (que significa "envolver objetos") constituye todo un arte. La forma del objeto, o el modo de envolverlo y de presentarlo, inspira innumerables combinaciones y técnicas. Éste pack se nos ofrece envuelto en la técnica del "hon tsutsumi" (envoltorio para dos libros). PACK DE DOS VOLÚMENES ENVUELTO EN UN PAÑUELO JAPONÉS.
Haruki Murakami (Kioto, Xapón, 1949), despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou a vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da \"Triloxía do rato\". Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood (1987) ou Kafka na beiramar (2002).
As súas obras están traducidas a máis de trinta idiomas e por elas recibiu recibiu prestixiosos premios como o Noma, o Tanizaki, o Yomiuri e o Franz Kafka e, en Galicia, o Arcebispo San Clemente, concedido por estudantes galegos.
Obtivo o Premi Internacional de Catalunya 2011 outorgado pola Generalitat \"por convertir a súa obra nun referente destacado do panorama literario mundial e construír unha ponte entre Oriente e Occidente\".