LASTRA MURUAIS, XOSÉ / LASTRA PERNAS, XIANA / DÍAZ ORJALES, MARÍA MANUELA (Ilustración)
Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa -o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa lingua no corazón. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e un CD con oito poemas musicados e cantados por María Manuela, Mini, Mero e Xiana.
Exerceu como mestre de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña, Terrassa e novamente Ferrol. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Actualmente está xubilado. Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega, da que pertenceu ao seu secretariado nacional moitos anos, foi presidente no período 2004-08 e actualmente vicepresidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica. Coordinador e/ou coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín, Colección Merlín de literatura infantil... editados por Edicións Xerais.