CURROS ENRÍQUEZ, MANUEL / BAIXERAS, XAVIER R. ED. LIT.
Publicado en 1888, o divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII.
Mediante a deformación da Divina Comedia de Dante, Manuel Curros Enríquez utiliza esa obra como modelo para caricaturizar o mundo clirical da época e certas institucións e personaxes do mundo político e cultural galego. Trátase dunha obra de grande vigor expresivo e forte sentido narrativo. Tremendamente polémica no seu tempo, foi unha das obras galegas máis lidas e editadas.
É xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, unha das grandes voces clásicas da literatura galega do século XIX. Nado en Celanova en 1851, desenvolveu un interesante labor como xornalista, e foi o autor dalgunhas das obras poéticas de máis valía das letras galegas. Poeta realista de carácter cívico, amosou a súa perspectiva galeguista progresista e o seu compromiso cos oprimidos en Aires d'a miña terra e o seu anticlericalismo en O divino sainete.
Saber máis »