COUCEIRO, EMMA
Digresión. A digresión como recurso estilístico e poético, como técnica para construír o texto. Texto e pretexto e contexto e paratexto e intertexto e metatexto. Reescribir as escritas. O texto como «terra queimada» , espacio baleiro para a reconstrucción: o que se sacrifica, o que consolida ese sacrificio. Cómo recoñecer e asumir un destino textual.
Elixir un destino textual: A que pensa en desmerecer ese constructo. A que se rende ao texto, a que se inclina, a que se submete.
Cómo se describe a Lexitimidade do xogo das máscaras.. Cómo se transforma esa lexitimidade en verosímil. A asunción do propio (fráxil) testemuño. A poética da metapoética.
Ser unha ou ningunha. As verdadeiras, as inventadas. A que abandona a súa casa nas palabras pero segue sendo fiel á súa historia. Qué é esa historia. Qué partes se contan e qué partes se calan. E por qué. Pasar páxinas e pechar páxinas. O desenlace.
A estratexia.
Emma Couceiro. (Cospeito, Lugo, 1977) estudiou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña, cidade en que reside. Publicou os poemarios Humidosas (V Premio de Espiral Maior, 1997) e As entrañas horas (X Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1998). A súa obra aparece recollida nas antoloxías: Río de son evento (Vigo, 1999), dEfecto 2000 (Compostela, 1999), A tribo das baleas (Vigo, 2001), Mujeres de carne y verso (Madrid, 2001) e 25 anos de poesía galega III (A Coruña, 2002).